margaritas a los cerdos

Inicio > Historias > xogo éticopoéticomatemático

xogo éticopoéticomatemático

Divida a puntuación media de Pinochet na Escola das Américas entre o precio do barril de cru, redondee (ou non). Ó resultado engádalle o peso neto do Código de Hammurabi. Reste o número de civilizacións que enriqueceron Irak, réstelle o número de soldados do Eixo do Ben que saben o que é o Código de Hammurabi. Súmelle o número de ex-estudantes da Escola das Américas involucrados en accións sanguinarias en América Latina; réstelle o número de ex-estudantes da Escola das Américas con tesinas sobre ética. Redondee (ou non). O resultado multiplíqueo polo tempo que tardaron as hordas aliadas en pisotear aqueles lugares onde noutro tempo os babilonios inventaron os fusos horarios. Non redondee, debe dar xa un número redondo.

2003-04-11 a las 08:59 | ElDa | 6 Comentarios | #

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/7074

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-04-11 09:03

Ou cero ou infinito... cantidades ambas sospeitosas de ser mentira.
Entón debe tratarse do cero patatero.



2
De: ElDa Fecha: 2003-04-11 09:13

eu xa non sei que carallo pode dar esto, querido Vendell.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-11 11:18

Debe andar polo mil e pico, coma o número de civís mortos ata agora.



4
De: eledhwen Fecha: 2003-04-11 17:41

¿Admitense operacións con números pertencentes o eixo dos imaxinarios?
Sempre sospeitei da súa perpendicularidade co eixo real...



5
De: Vendell Fecha: 2003-04-12 05:44

ElDa, xa que pregunta, ¿por qué non nos conta das súas viaxes polo mundo adiante? ¿Cómo nos vemos dende fora?



6
De: Vendell Fecha: 2003-04-12 05:51

E xa que o preguntóu, direille con que a súa lúcida transcripción do mundo é para min imprescindible. Eso é o que da.







  

Archivos

<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

Documentos


Blogalia

Blogalia


© 2002 ElDa