nacemos sobre un cada-leito de poetas
A inercia da escritura incita as primeiras palabras e obriganos a elixir sen alternativa entre as seguintes. Pero nunca se nos ocorren as mellores, todos sabedes que as mellores están de antes escondidas. A inspiración é un modesto trance que descobre unha liña de intención. Admiramos ós inspirados poetas que tiñan unha noble intención oculta (a nós) ate ese momento da inspiración. Apelamos á vida humana como confluencia das nosas biografías: a esa cualidade común chamámoslle así. A biografía pódese escreber en operacións matemáticas ou sumatorio de sinapsis neuronáis ou en palabras herdadas da nosa patria ou dos nosos poetas mortos. A escritura coma as sinapsis coma a vida parte dunha inercia que nos contempla dende algures. A escritura nos precede, a inercia física nos precede, unha contemplación externa nos precede necesariamente. Nos preceden fluxos de ións calcio e das verbas dos poetas necesariamente mortos antes de nós nacer.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/39550
Comentarios
|
|
| < | Septiembre 2026 | |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| |
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
|
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
|
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
|
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
|
28 |
29 |
30 |
|
|
|
|
Documentos


|