margaritas a los cerdos

Inicio > Historias > crónica bonaerense

crónica bonaerense

todos sabemos que vivimos no mundo da excedencia. Estamos regulados pola lóxica da excedencia económica; a excedencia chegou á moda (Gianni Versace, Hotel Glam como acontecemento televisivo), á retórica (extravioléncia fílmica de Takeshi Kitano ou de realizadores de publicidade) á vida cotián coa excedencia de ruido, de fume, de impactos publicitarios. A excedencia tamén é a prioridade na regulación legal; regula-la excedencia de ruido, a excedencia de fume, a excedencia de impactos publicitarios é a prioridade de calqueira gobernante do capitalismo tardío.
A excedencia crea ansiedade: se a lóxica do mundo e dos nosos placeres é a da excedencia, non hai complacencia, complitude. A lóxica decimonónica é a da complitude: fabricar grandes sitemas teóricos explicadores do mundo. A finalidade do placer era o Amor Completo. Hoxe o único "Completo" que hai é o que anuncian nas seccións de contactos: completos insatisfactorios, completos de mentira, completos que denuncian a ausencia de complitude, crise de Valores, que din os curas.
Buenos Aires é a parodia da excedencia, é a excedencia sen control, mal medida, a excedencia galopante, a fuxida da excedencia cara adiante, o falso suicidio do mundo que esperta con arcadas e remordimentos: non hai nada peor que fallar nun suicidio. Non hai nada peor que se-la desfeita da Gran Excedencia. Nova Iorque a inventa, Buenos Aires a padece.
Sobran parolas, sobran xestos, sobran ideas, sobran imaxes, sobran impaciencias, sobran ansiedades, sobra violencia, sobran turistas altivos, sobran parolas, sobran psicoanalistas, sobra pobreza, sobra altivez de pobre, sobran ansiosos impacientes, sobran imaxes de violencia, sobran pobres turistas coma min nun ciber coma este. Buenos Aires resulta desconcertantemente cercano: é Vigo pobre. Tódalas mulleres me semellan a miña nai nos setenta, tan bela, cando as nais cheiraban a nai, cando unha membrana aceitosa de nai as cubría, loiras.
Choro de melancolía, estou nunha cidade coma coñecida de sempre, con xente que debería ter sido eu nalgunha circuntancia cercana, ou vos. Bicos.

2003-04-23 a las 00:52 | ElDa | 2 Comentarios | #

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/7366

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-04-23 01:01

Se todavía está vostede ahí saiba que nós tamén estamos aquí, separados só pola excedencia do Atlántico: excedencia de olas, de auga, de azul, de fuel, de espumas... excedencia incluso de peixe.
Botámolo de menos.



2
De: eva-lamaga Fecha: 2003-04-23 02:19

Eles ainda somos nos, borja, na outra parte do espello.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.133.152 (b2e2ca339a)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?





  

Archivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

Documentos


Blogalia

Blogalia


© 2002 ElDa