outra nadería
Este é un espacio pequeno pero é un espacio honesto. Honesto é unha palabra moi empregada que perdeu o seu sentido. Este é un espacio honesto porque é necesario. Este é un espacio que pode ser libre. Este é un espacio claustrofóbico. Faltame o ar pero sigo pensando, debo seguir pensando. Non é necesario referirse á actualidade para pensar. Pódese pensar a pesares de. De calqueira espacio pódese dicir que pode ser libre. A necesidade non é propiamente un pensamento. Pensar así non leva a ningures. Este é un pensamento obsesivo. Os árabes temos pensamentos obsesivos. De pegadas vou desface-lo solo de madeira. Nun espacio cúbico pequeno sen gañas de pensar. Pensando por necesidade. Normalmente pénsase por obriga pero eu penso por necesidade. Penso a pesares de. Fóra non se pensa, pero eu sei que podo neste espacio pequeno a pesares de. Penso en nada, en nada se pensa cando caen as bombas nos redores dunha pequena, honesta habitación de Bagdad.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/6965
Comentarios
|
1
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-04-08 09:18 |
|
|
Brillante, verdadeiramente brillante.
|
|
|
| < | Noviembre 2008 | |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| |
|
|
|
|
1 |
2 |
|
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
|
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
|
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
|
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
| |
|
|
|
|
|
|
Documentos


|