![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
Indignación inmigrantilEstou embargado de rabia e impotencia.Teño gañas de facer un chamamento ó mundo, ós boshomes. Teño gañas de denunciar esta ética mundial mercantilista. Ó que é mellor para o PIB non o é necesariamente para a humanidade. Ningún de vos, boshomes, entregariades vidas por diñeiro, seino, porque ten que ser así. Pola contra tódolos estados europeos e os grandes partidos (socialistas e populares) falan ou ben dunha solidariedade cos países do sur (¡de Europa!) que "paceden" a inmigración ou ben directamente dunha necesidade de pechar as fronteiras fronte ás hordas inmigrantes. Á solidariedade é necesaria cos que están a morrer, cos que viven con rendas inferiores a un euro ó día, cos que teñen esperanzas de vida de trinta anos, cos que multiplican por moitas cifras a nosa mortalidade infantil. Creo que o pensamento ético-político estabelecido é tan perverso que necesariamente xordeu de múltiples perversiones depositadas unhas enriba doutras ano tras ano e xeración tras xeración. Eme insoportable o pensamento de que alguén poida tentar confundirnos para deixar morrer a outros. Dame noxo ter que dicir que coa inmigración creceu a economía española (e segundo La Caixa, sen ela tería decrecido), dame noxo porque é igual, porque eu, e vos, boshomes, non cambiamos vidas por diñeiro, ¿non si? 2006-09-30 a las 13:25 | ElDa | 3 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/43356
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |