![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
nacemos sobre un cada-leito de poetasA inercia da escritura incita as primeiras palabras e obriganos a elixir sen alternativa entre as seguintes. Pero nunca se nos ocorren as mellores, todos sabedes que as mellores están de antes escondidas. A inspiración é un modesto trance que descobre unha liña de intención. Admiramos ós inspirados poetas que tiñan unha noble intención oculta (a nós) ate ese momento da inspiración. Apelamos á vida humana como confluencia das nosas biografías: a esa cualidade común chamámoslle así. A biografía pódese escreber en operacións matemáticas ou sumatorio de sinapsis neuronáis ou en palabras herdadas da nosa patria ou dos nosos poetas mortos. A escritura coma as sinapsis coma a vida parte dunha inercia que nos contempla dende algures. A escritura nos precede, a inercia física nos precede, unha contemplación externa nos precede necesariamente. Nos preceden fluxos de ións calcio e das verbas dos poetas necesariamente mortos antes de nós nacer.2006-05-01 a las 02:36 | ElDa | 0 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/39550
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |