margaritas a los cerdos

Inicio > Historias > son un tipo sensible

son un tipo sensible

Unha breve biografía: son un tipo sensible. Xa de neno o era. Esa sensibilidade me fixo especialmente apto para o sufrimento. E (desculpade a inmodestia) para o cultivo da intelixencia. Moitos pregúntanse, eu tamén, se hai moita diferencia entre unha cousa e a outra. Esa "capacidade" para sufrir consiste basicamente no empecinamento, na obsesión en descobrer as causas do sufrimento, do medo. En non ficar satisfeitos polas explicacións. En necesitar descobrer no rostro dos outros unha complicidade nesa dor. A morte. A morte inxusta. A enfermidade. O mal. O mal é unha perversión social. Os de esquerdas sabémolo. O mal resulta sempre dunha obriga. Ninguén fai o mal por desexo. O desexo do mal non existe. O digo como o sinto. Soa categórico, pero estou convencido. Pois aquela sensibilidade converteume neso que dan en chamar "un atormentado". Pois eso, un tipo intelixente. Mais non son un atormentado ó uso, así, tipo Ciorán. Non, eu son un tipo bastante alegre, chafardeiro. Pero grazas ó tempo (pese ó tempo corrixiredes; non, creo que é sempre grazas ó tempo) mantense indemne esa dor provocada pola mesma sensibilidade suicida. Mamá, Papá, sego sen entender a morte. A morte inxusta. A enfermidade. O mal. Sego sen entender que a xente pase fame. Sego sen crer nas explicacións. Parece que agora xa non é axeitado o sistema económico marxista. Agora parece que o capitalismo si pode garantir os principios do socialismo. Do socialismo ou da bonhomía. Parece que o capitalismo pode paliar a fame no mundo. Papá, Mamá, non o creo. Segue habendo tres cuartas partes do planeta pasando fame. Pero seica hai preguntas de neno que teñen respostas axeitadas. Non se pode asustar os nenos. Pero é que esas son as mesmas preguntas sempre. E sempre as mesmas respostas. E o neno segue tendo medo á morte, á morte inxusta, á enfermidade e ó mal.

2005-05-25 a las 16:36 | ElDa | 1 Comentarios | #

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/30061

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-25 23:52

O mal. Alguén se atreve a definilo? Co breve que é e, que curioso, provoca un leve estarrecemento só de oíla. Tamén soa terríbel en inglés: evil.

E o ben, nace do desexo ou dunha obriga?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.164.184 (a244367575)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?





  

Archivos

<Septiembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
             

Documentos


Blogalia

Blogalia


© 2002 ElDa