margaritas a los cerdos

Inicio > Historias > criminais

criminais

Imaxínome a Spencer Tracy repetindo a sentencia do Tribunal de Núremberg de 30 de setembro de 1946: "desencadear unha guerra de agresión non é somentes un crime internacional; é o crime internacional supremo e so difire dos outros crimes de guerra polo feito de que os contén a todos”
Imaxino a sucesión de planos con imaxes das torturas consentidas polo Péntágono no cárcere de Abu Ghraib, de mortos nas rúas de Bagdad.

Unha vez máis como sonsonete. Necesitamos repetir conceptos como fotogramas de publicidade. Temos que ser insistentes, resistentes.

· Ocupamos Iraq dunha maneira ilegal (fóra do ultraxado dereito internacional), o que supón o peor dos crimes, o crime de guerra.
· Fixémolo por razóns de seguridade internacional que se demostraron falsas (armas de destrucción masiva)
· Matamos a miles de persoas: civís, nenos...
· Destruímos as infraestructuras do país, construccións que forman parte da historia da arte universal, provocamos tensións étnicas e relixiosas entre a poboación.
· Desposuímos temporalmente ó país das súas fontes de riqueza, creando uns lazos de dependencia irrevocables.
· Fixemos un negocio incrible, en particular persoas directamente relacionadas co governo americano e co presidente Bush.
· SOMOS CRIMINAIS

2004-09-06 a las 01:00 | ElDa | 4 Comentarios | #

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/21217

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-09-06 18:16

E certo, pero non é toda a verdade. A historia empeza antes e prosigue donde vostede deixa o relato. E os protagonistas, ¿por qué utilizar ese nós que ao mesmo tempo que nos fai sentir culpables (non indiferentes ou inxenuos ou idiotas, senón culpables) axuda a esconder a responsabilidade dos auténticos crimináis?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-09-06 21:00

Pero é que algo culpáveis si somos, Vendell, na medida en que asentimos con indiferencia ou entusiasmo ante certas cousas que pasan. Ou acaso cre vostede que os rusos que votaron por Putin, por exemplo, fixérono convencidos de que era un bon xestor?



3
De: ElDa Fecha: 2004-09-10 15:41

Penso que o "nós" responde mellor á verdade: os actores internacionais son os estados, o noso actuou da maneira descrita. A rectificación tra-las eleccións foi posterior a tódolos actos delictivos enumerados. Ten razón Vendell, a historia empeza antes e remata despois, isto tan so era unha enumeración de actos ilexítimos e punibles segundo o dereito internacional.



4
De: Brocco Fecha: 2004-09-11 04:35

Bo e lóxico razoamento. Pero os criminais non somos nós. Están ben cómodos ahi enriba, matando no noso nome.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.133.152 (b2e2ca339a)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?





  

Archivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

Documentos


Blogalia

Blogalia


© 2002 ElDa