margaritas a los cerdos

Inicio > Historias > Torturados

Torturados

Eu loito pola libertade,
eu conto coa razón
e a ilustración.
Non minto, son un estratega
Non minto, son político de altura
Eu fago o que fago polo ben do mundo
Deus está ó meu lado
e os bos corazóns
Non minto, son un home de ben
Non minto, teño unha ética elaborada
Eu sinto a dor dos homes
pero son un político de altura,
síntoo.
Non minto, so son un home de ben
Non minto, so fago o que teño que facer
Síntoo de verdade,
pero ás veces hai que actuar,
ás veces hai que matar,
hai que torturar,
ás veces hai que bombardear,
matar de fame,
os estrategas temos que actuar de contado,
sen dilación,
temos que matar cruelmente,
síntoo.
Moitas veces,
Na misa de dez
Penso no difícil do meu traballo
Tanto sangue, tanta crueldade, tanta dor ....
Pero eu teño,
Teño que ser un miserable, un asasino,
Teño que ser abominable,
Grandes razóns de estado,
Grandes teorías morais,
Grandes empeños
Me levan a facelo,
Síntoo de verdade, síntoo.


*** este non llo adico á miña nai. Non llo adico a Helena, tampouco a Marcos que o mellor me le. Este adícollo a eses anónimos amontonados das fotos que hoxe divulgan as axencias. A eses tristes iraquís que nunca veremos protagonizando unha das nosas teleseries, ou un anuncio, que nunca veremos vestidos de marca nunha revista de moda, que, en definitiva, non pertencen ó noso mundo.

2004-04-30 a las 01:00 | ElDa | 7 Comentarios | #

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/18148

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-30 20:02

Eu, nestes casos, sempre boto man de Nicanor Parra:

BIEN,
y ahora quién
nos liberará
de nuestros liberadores?

"Artefactos", NICANOR PARRA



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-30 20:03

Estupendo e odiosamente necesario texto, por certo.



3
De: eledhwen Fecha: 2004-04-30 21:00

Sí, el texto es adecuado.
Pero a veces no hay palabras suficientes.



4
De: Princesa Fiona Fecha: 2004-05-04 17:07

Suscribo e góstame o nome do blog; noraboa se me permite tamén polo texto.



5
De: Vendell Fecha: 2004-05-04 21:53

Xa sabemos cómo pensan os políticos... ¿e os cidadáns?



6
De: Va! Fecha: 2004-08-21 15:47

que razon teñen as tuas vervas,
por desgracia.



7
De: Anónimo Fecha: 2004-08-24 08:13

É ben certo que o que non se ve non existe... Non pesemos que é so Iraq o único lugar onde se practica hoxe en día a tortura. Desde as repúblicas africanas até as cárceres do Estado Español a tortura segue a estar presente e o manual editado pola Escola das Américas continúa a aplicarse e incluso "mellorarse". Que tería pasado se non se filtrasen esas fotos? Daquela segueriamos a pensar que era esta unha guerra limpa? Estou segura que o máis terrible aínda está por ver...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 35.172.201.102 (b94c9e26f5)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?





  

Archivos

<Diciembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Documentos


Blogalia

Blogalia


© 2002 ElDa