![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
Queridos Reis MagosQueridos Reis Magos:Este ano fun bo: confiei medianamente nas noticias, a miña desconfianza residiu sempre en suspicacias na propiedade dos medios, xa sabes, esas cousiñas. Pero nunca, nunca, puxen en dúbida valores constitucionais, e non pasou unha semana que non maldecira ós terroristas e aqueles que poñen en dúbida os valores constitucionais, en xeral: sexan radicais islámicos, etarras, republicanos cataláns ou xentes que albergan inquietudes terroristas (hoxendía pode ser calquera). Pero queridos Reis, prométovos que este ano que ven serei todavía mellor, serei activo, porque entendo que hai que pasar á acción: este ano que ven denunciarei a calqueira veciño con actitudes inconstitucionais, serei inflexible. Apoiarei políticas penais contra os terroristas. Apoiarei a súa persecución incluso antes de que teñan cometido delitos: calqueira opinión, convocatoria de referéndum ou acto preparatorio similar, pode ser perigosísimo, aínda teño en mente as torres xemeas ardendo. E por todo esto pídovos que continuedes no voso empeño, que sigades proclamando a esperanza, a caridade, a paz, etc a través de tódolos medios de comunicación. A esperanza nun mundo mellor é o que nos fai crer en vos, e o que nos fai agardar o mellor de vos. E permítome pedirvos un último agasallo: unha máquina de emitir fotogramas imperceptiveis na televisión, para gravar a todo o mundo no fondo das súas retinas e mentes a imaxe das torres xemeas ardendo. HAI QUE CONSEGUIR UN MUNDO MELLOR, E ESTAMOS NO BO CAMIÑO. GOD SAVE THE KINGS (VOLVE O PUNK IRREMISIBLEMENTE). 2004-01-05 a las 20:24 | ElDa | 5 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/14330
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |