Inicio > Historias > POR FAVOR EL SR AZNAR O RUMSFELD O ALGUIEN QUE ME SITÚE
POR FAVOR EL SR AZNAR O RUMSFELD O ALGUIEN QUE ME SITÚE
Cláusula 1. Son antinacionalista, así de claro.
Cláusula 2. Para que exista o tan cacareado mestizaxe é necesario que pervivan as culturas minoritarias, digo eu. Haberá que loitar contra a inercia (económica) do Imperio (cultural).
Cláusula 3. Antonio Elorza hoxe en El Pais parece identificar montaxe en paralelo cun "ser lo mismo" no plano ético. Déixolle a Martín Pawley que lle recomende algún libro sobre narrativa cinematográfica ou lle poña algún exemplo. Eu creo co Dalai Lama (tamén hoxe en El Pais) que a negación da violencia non pode consistir en violencia.
Cláusula 4. Cando estudaba en Euzkadi adoitaba aconsellar ós "gudaris" que me saían ó paso que se fóran por un tempiño fóra de alí. A Elorza e ó meu admirado Savater recoméndolles o mesmo (con respecto a España). A Bush, Ansar e Rumsfeld que se embarquen na expedición espacial chinesa, por exemplo.
E por todo esto pídolles encarecidamente a estes últimos que me sitúen, que non sei a quen pertenzo, que o Mal me sodomizou polo eixo e teño mareos e, ó igual que Elorza coa película de Médem, náuseas.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/11881
Comentarios
|
1
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-10-12 01:46 |
|
|
É curioso a importancia ideolóxica que se lhe outorga á montaxe. Desde Pudovkin e Eisenstein até Leni Riefenstahl, algunha xente atribúe a capacidade de convicción dunhas imaxes non ás imaxes en si, nin sequera á interpretación que o espectador lhes dá, senón na suposta forza da montaxe, da xustaposición desas imaxes. Según esa visión dos feitos tan primaria parece que un debe facer explícito o seu aprecio/desprecio polas cousas inserindo xunto a estas planos de fermosas flores ou de apestoso esterco, para que non fiquen dúvidas.
Non lin o artigo de Elorza e aínda non tiven ocasión de ver o documento de Julio Médem, pero é evidente que o que lhe fode a certas persoas non é a forma adoptada polo cineasta vasco para narrar a súa visión de Euskadi, senón o feito de que se decidise a facelo. Ou, melhor dito, que o fixese sen dicir que os do PNV e todos os nacionalistas son malas bestas, para que Pilar del Caudillo ficase contenta.
Por certo, eu son nacionalista. E vostede tamén, pero iso xa lho explicarei algún día con algo de vinho diante.
|
|
2
|
| De: ElDa |
Fecha: 2003-10-16 01:21 |
|
|
Acéptolle o do viño.
|
|
3
|
| De: Akin |
Fecha: 2003-10-16 01:28 |
|
|
Se quere a supervivencia das culturas minoritatias é vostede nacionalista, o independetismo é outra cousa.
|
|
4
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-10-16 07:14 |
|
|
Vale. Iso si: o vinho non ten por que ser nacionalista. Pode selo, pero tamén pode non selo.
|
|
|
| < | Agosto 2008 | |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| |
|
|
|
1 |
2 |
3 |
|
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
|
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
|
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
|
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
| |
|
|
|
|
|
|
Documentos


|