![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
A cadea Ser e o fútbolSon oínte da cadea Ser.A Ser como os outros grupos de comunicación adoptan liñas editoriais que poden ser máis ou menos dignas. Ó marxe desto, a principal "liña ideolóxica" da cadea Ser é loxicamente a maximización de beneficios empresariais. Os grandes capitalistas nos seus obxectos de desexo coinciden (no sentido de "pasaba por aquí") co fascismo (falo de fascismo en sentido riguroso, que hoxe se lle chama fascismo a calquera cousa...) de distintos signos porque a ambos lles interesa a masa (grupos de indivíduos movidos polo mesmo instinto) canto máis homoxénea mellor. Hai cousa dun par de meses, con ocasión dun partido da selección española de fútbol escoitei no programa de José Ramón de La Morena (“El Larguero”) a un tertuliano emocionarse co himno de España cantado por miles de almas e dicir en tono simplón, esaxerando o acento castizo (coincidencia cos fascismos, José Bono tamén o fai) algo así como joder el que no se emocione con esto es un ... joder perdonad pero es que no lo entiendo... Nese momento todos se debatiron entre o políticamente correcto e a emoción verdadeira dun compañeiro de fatigas; hai tan escasos momentos de realidade na radio e na tele que todos acabaron por darlle a razón. Esto pasaba na cadea Ser. Se non fora pola cadea Ser e o seu grupo (PRISA) practicamente tódolos medios de comunicación en España serían de dereita ou “centro-dereita”. Onte Gemma Nierga (“La Ventana”) falaba do seu compi Joserra e da paradoxa (ó seu ver) entre o fútbol-festa (de Joserra e colaboradores) e o fútbol alienante de outros (v.g. grupos ultras). Pois eu penso que o fútbol-festa de Joserra é especialmente alienante. E que é problema de polisemia. Se lle chamamos fútbol-masa, para desface-la polisemia, a ese espectáculo mediático hiper-retransmitido que se celebra (en primeira instancia) nun moderno circo con milleiros de persoas, o fútbol-masa é alienante. Elias Canetti en “Masa e Poder” (Alianza) acude á imaxe dun estadio onde o home-masa se reflicte nos centos de pequenas cabezas que ten xusto diante e que se levantan ou gritan cáseque ó mesmo tempo: nunca un home-masa sentíu tan intimamente a Grande Unión, a disolución na masa. 2003-10-09 a las 23:58 | ElDa | 4 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/11854
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |