![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
La pelota vasca: la piel sobre la piedraDebo comenzar pedindo escusas por este silencio de meses: non creo que teña lectores asiduos, pero alo menos disculparme ante o xestor do blog por manter unha páxina sen uso ou sen o magnífico uso que lle dades todos.Onte fun ver “La pelota vasca” de Julio Médem. Debo dicir que fun con simpatía para a película despois do intento de censura, aledeime moito cando me topei cunha sala chea. Os homes-nenos que somos buscamos sempre respostas definitivas que nos den descanso de pensar, descanso de ter sempre que descifra-lo mundo. Non deixa de ser paradóxico que cando estamos cansos desas tentativas veña a tristeza, e que ante a tristeza merquemos (roupa, libros, cine), mercar é o alivio do pensamento. Cando saímos do gran almacén seguimos tristes pero contentos. Algúns, os máis intelixentes como Vendell, sailles a ironía (tristeza alegre) e non paran de rir ante a ausencia de respostas definitivas. Outros choran por non-saben-ben-que (por non-saber-ben-que): ansiedade médica. É como non dicir nada: choras por nada e a contestación e unha nadería médica. O mundo non é sinxelo. O mundo non é sinxelo. O mundo non é sinxelo nin para o grupo de terapia de George Bush (dicía onte Pilar Urbano en “Negro sobre Blanco” que era un grupo agustiniano (¿)que facía residi-la terapia en darlle tódalas mañás gracias a Deus por seguir sobrio e en buscar motivacións fortes para vivir –v.g. Eixo do Ben). Non hai respostas definitivas. Non hai respostas definitivas. Que non hai respostas definitívas sábeo ben Julio Médem. 2003-10-07 a las 01:22 | ElDa | 3 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/11744
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
![]() |